Site icon Crónica3.com A Mariña

Ruta nocturna de Burela a San Cibrao 2016

ruta1Máis de 70 sendeiristas convocados por Pasada das Cabras realizaron este sábado 23 de xullo a ruta nocturna Burela-San Cibrao. Nunha noite excelente para a práctica do sendeirismo, cunha temperatura moi agradable, chegaban á Península da Paz aproximadamente ás 00:30 horas despois de saír da praza da Mariña en Burela ás 22:00 horas. Nesta ocasión participaron un número importante de nen@s aos que lle encantou a experiencia. O Noso Lar de San Cibrao tiña prepara chocolate con churros para repoñer forzas. A próxima camiñada do calendario de Pasada das Cabras é a que organizan os amigos de Terras de Lourenzá na Cazolga o 7 de agosto.

Exit mobile version