Site icon Crónica3.com A Mariña

San Cibrao acolle clases de iniciación ao TaiJitsu

Cervo, 26 de Xuño de 2016 – Coa chegada do verán as actividades infantís chegan ao seu fin, sen embargo e da man da Asociación Cultural Arroutada e coa colaboración da Asociación de Artes Marciales Orientales da Mariña e a Concellería de Xuventude do Concello de Cervo, todas aquelas nenas e nenos que o desexen poderán practicar TaiJitsu todos os mércores de 19.45 a 20.45 horas no pavillón do colexio de San Cibrao.

As clases están abertas a calquera pícaro ou pícara que queira iniciarse ou simplemente seguir practicando. Non será necesario acudir coa indumentaria de kimono, pero si con ropa cómoda. O prezo das clases serán de 3€ cada unha.

En palabras do presidente da Asociación Cultural Arroutada, Marcos G. V., “é unha boa iniciativa e unha mellor hora para que os cativos perdan as areas da praia practicando deporte mentres que as nais e pais libéranse unha hora e así poder tomar un refrigerio polo pobo tranquilamente”.

A Asociación de Artes Marciales da Mariña tamén recalca “este verán aprenderemos a rodar e a caer. Tamén contaremos nalgunha ocasión coa presenza do subcampión de España o viveirense Joel Romero”. Ambas asociación esperan a boa acollida de esta iniciativa por parte das nais e pais e que poidan disfrutar do tempo libre namentres os cativos pasan un rato divirtíndose e practicando deporte.

Exit mobile version