Site icon Crónica3.com A Mariña

San Cibrao acollía un curso de Iaido

Cervo, 26 de Xuño de 2016 – O domingo 24 de xullo celebrábase no pavillón municipal de Cervo, en San Cibrao, o curso de Iaido – arte marcial relacionado co desenvainado e envainado da katana – impartido polo mestre 3º Dan nesta disciplina Miguel A. Rojo.

Os alumnos asistentes practicaron técnicas de defensa e ataque á vez que se desenvaina, practicando á velocidade apropiada para atacar ou contraatacar.

Unha vez máis a Asociación de Artes Mariales da Mariña consegue acercar o mundo oriental ata a nosa comarca e con este curso os alumnos perfeccionan os seus coñecementos de artes marcíais, xa que o iaido considérase unha das disciplinas máis duras e técnicas que supón toda unha vida de aprendizaxe.

Exit mobile version