O venres 22 a partir das 20 horas haberá cantos de taberna nos establecementos hostaleiros A Bodega, O Noso Lar, O Faro, Pizzería Trasgo, Chiringuito de Cubelas, El Puerto, Bar da Praia Cit, Telvi´s Place, Pedregal, Titas, Mesón da Ría, Bruno´s, Nordesía, Cervecería O Encontro e Camarote. Ás doce da noite actuará Pelepau e a 01:30 haberá un concerto de Cuchufellos.
O sábado 23 ás doce do mediodía haberá unha sesión infantil con Cé Orquestra Pantasma e sesión vermú polos bares colaboradores. Ás 21.30 horas empezará foliada na Praza dos Campos, ás 23.30 actuará Quempallou e ás 01:30 horas empezará o concerto de Ultraquäns.
A edil de Cultura comentou que “o Concello de Cervo apoia calquera iniciativa que impulse e dinamice ao municipio; neste caso trátase dunha foliada que organiza unha asociación como é a de Clan, que celebrará a terceira edición deste evento que ten un carácter cultural importante e fará dese fin de semana unhas xornadas diferentes ao habitual en San Cibrao”.