Outra versión, para nós menos consistente, tería que ver coas costeiras do bonito e o bocarte, alusión que consideramos anacrónica. E unha terceira, senon mais veraz, sí mais atractiva, tería que ver coa existencia dunha antiga confraría para organizar os festexos, que era propietaria de gando ceibo no monte; o día 24 de xullo celebrábase na Espiñeira unha importante feira á que se levaban a vender as reses, o que interfería no desarrollo da celebración festiva.
Acaso non sexan éstas mais que elucubracións faltas de fundamento, o que fai que moita xente,focegos e foráneos, segan a preguntarse;¿por qué e, dende cando, o San Lourenzo pasou a sustituir a Santiago na celebración social do festivo patronal…?
Para a primeira parte da pregunta non temos a mínima resposta. Polo que respecta á segunda un benquerido amigo, estudoso da historia local,atopou no libro de fábrica da igrexa parroquial unhas anotacións según as que no ano 1634 pagáranse x reás a un gaiteiro por tocar na festa de Santiago e 33 anos despois, en 1667 por facelo na festa de San Lourenzo; e dende entón (s.XVII) celebrouse sempe ésta. Parece que o dato despexa sequera unha parte da incógnita…
Suso Fernández