Site icon Crónica3.com A Mariña

Segue en ascenso o impacto do memorial Heroes do Orzán

memorial16-familia-marinhaBurela 28-7-16. O Torneo de Fútbol Sala Base Memorial Heroes do Orzán 2016 despediu a súa quinta edición como a máis exitosa da súa traxectoria, con case 800 participantes de 65 equipos e 27 clubs entre as sedes de A Mariña e A Coruña.

Impacto económico en A Mariña
A quinta edición do Memorial Héroes do Orzán reuniu na Mariña a máis de 650 deportistas, acompañados polas súas familias. Aproximadamente 400 aloxáronse en hoteis da comarca entre o mércores 29 de xuño e o domingo 3 de xullo cun impacto económico de 226.500 euros, o que supón un incremento do 53% con respecto a 2014 e un 20,52% respecto a 2015.

A tradicional sede da Mariña reuniu a 55 equipos de 20 entidades diferentes, que competiron entre as categorías prebenxamín e xuvenil. Dende Madrid participó UD Las Rozas Boadilla; CD Tierno Galván e Laguna FS representaron a Castilla y León desde Valladolid; e dende Asturias chegou EFS Siero FS. Galicia tivo presenza das catro provincias: os pontevedreses Randufe Futsal e Leis Pontevedra; o ourensano ED Celanova; os coruñeses Troula FS, Cidade de Narón, Hércules A Coruña FS; os lugueses Os Meigallos FS e Carnero Team, ademais dos mariñaos CD Burela FS Pescados Rubén, ACD Xove, AFD Porto de Burela, Castrelo FS, UD Xove Lugo, Cidade de Viveiro, A Mariña FS e ED Lourenzá.

a cidade herculina estrenouse na cita con debut das categorías Sub-16 e Sub-19 Femininas, con 10 equipos, de 9 clubs das provincias coruñesa, con Viaxes Amarelle FSF, ED Concello de Melide, Hércules A Coruña FS, Imprenta San Cristóbal, 5Coruña FS, Calasanz Escolapios e Club Torre, e luguesa, con Ribadeo FSF e CD Burela FS Pescados Rubén.

Hércules Coruña FS e CD Burela FS Pescados Rubén tiveron representación en ambas sedes, con equipos masculinos e femininos.

Exit mobile version