Site icon Crónica3.com A Mariña

Sendeirismo polo Sor nos Mércores de Natureza

Continuando coas actividades de Mércores de Natureza no Vicedo este 20 de xullo está prevista unha ruta de sendeirismo pola parte media do Río Sor partindo do albergue O Abeiro, en Mañón, descendendo ata o río Sor chegando á zona de Ponte Segade para continuar, río abaixo, ata a fervenza de Auga Caída e retornar ata o punto inicial. É unha ruta de dificultade media-baixa que consta duns 13 km. O punto de encontro será a Casa da Cultura do Vicedo desde onde os participantes se desprazarán en coches particulares ata Mañón. O horario aproximado de saída da ruta é as 10.15 horas. A actividade é gratuita. Recoméndase levar calzado axeitado para camiñar pola beira do río. Máis información e inscrición: 982 59 01 95.

Exit mobile version