Ninguén vai falar da responsabilidade de Rajoy nesta fase? Como indiscutible gañador das eleccións do 26-X ten unha e moi clara: negociar cos demais grupos para lograr a investidura e formar goberno. Despois verase: un Goberno en minoría que terá que negociar cada coma. Veremos si a Mesa do Congreso representa esta situación inédita en 40 anos de democracia.
A responsabilidade do presidente en funcións obriga a ofertar, contraofertar, ceder, acordar. Para logralo é necesario traballar, convencer, atraer. Ou o responsable é regalar os votos do resto dos cidadáns sen demandar ao PP un mínimo de decencia política? Temos que tragar coa corrupción duns os que votamos contra a corrupción?
A cantilena é sinxela: todo é para evitar unhas terceiras eleccións, que Rajoy e os gurús do PP creen que lles virían ben. Para evitalas temos que baixarnos os pantalóns para que todo siga igual en ara da responsabilidade. É responsable acatar a irresponsabilidad?
Alguén debería ser responsable de verdade neste país e poñer límites ao mal goberno, ao saqueo da caixa da Seguridade Social, a contrátas amañadas, ás contas en Suiza ou Panamá, ás amnistías fiscais, ás leis mordaza, á educación ao servizo dunha igrexa que é parte e non todo. Ser responsable é non ter xuíces na Audiencia Nacional ao servizo dun partido a conta dos petos de todos. Ser responsable é esixir mellor democracia.
Como en decembro, o que non fai, Rajoy, parece que fai e os que fan parecen uns irresponsables radicais que non fan. Este estado de opinión interesado di moi pouco dos demais partidos, que se deixan roubar a mensaxe.
A próxima semana cúmprense 80 anos do golpe de Estado franquista, do inicio da Guerra Civil. Ademais da Fundación Francisco Franco alguén vai facer algo, unha lápida conmemorativa, unha música, un algo? Ás veces creo que volveron. Alguen corríxeme: Non volveron, son os mesmos que xamais se foron.
Oterto Regal