Site icon Crónica3.com A Mariña

Talleres artísticos para nen@s no Eido Dourado de Barreiros.

eido-dourado-530393ff8dea8Barreiros. 28-7-16. O Eido Dourado, en Barreiros, acollerá talleres ou laboratorios artísticos para nen@s co obxectivo de achegalos a este espazo dedicado á arte. O primeiro deles terá lugar este venres, entre as seis e as nove da tarde. E o segundo será o mércores, 3 de agosto. Serán impartidos por Lucía Vila, licenciada en Bellas Artes. Os talleres son gratuítos e calquera persoa interesada en acudir o único que ten que facer é contactar co seguinte número de teléfono: 982 15 61 21.

Estes dous primeiros talleres son para nen@s, pero si se reúnen persoas adultas poderíanse formarse outros grupos durante o mes de agosto.

Exit mobile version