Site icon Crónica3.com A Mariña

Tempos felices?

Fai un tempo a felicidade era un estado só alcanzable para os que podían permitirla e pensar nela. Con todo nos últimos anos en torno ao concepto felicidade instalouse toda unha industria: estudos, libros de auto-axuda, receitas milagrosas…

“Non só eramos felices ¡Ademais sabiámolo!” dicía o escritor Rudyard Kipling. Porque si pensamos que a felicidadea é un camiño e non un obxectivo, sempre podemos deternos para gozar deses instantes de felicidade que seguramente veñan dos máis pequenos xestos.

A sorte é que a felicidade non é patrimonio só duns poucos, pois todos podemos gozar deste estado, eixando a vertente frívola que o consumismo quéiralle outorgar, o Estado do Benestar trouxo a posibilidade en principio factible de ser máis felices ou polo menos unhas mellores condicións para que así o sexamos.

A felicidade converteuse en tendencia e isto é un aspecto positivo si consideramos que os cidadáns son máis conscientes do seu benestar, daquelas cousas que poden reportar máis gozo ao seu corpo .

En base aos múltiples experimentos e investigacións si algo é seguro é que hai catro actividades cotiás ao alcance de todos e que ademais non son caras: sexo, exercicio, música e conversación, que nun combinado favorecen a felicidade.

Otero Regal.

Exit mobile version