A inauguración será o vindeiro sábado 9 de xullo a partir das 12.00 horas, aproveitando que é día de feira.
Haberá degustación de empanada de Fabas de Lourenzá, Salpicón de Faba Verdina, Faba Verdina con Calamar, e como non, darase a degustar o produto elaborado en conserva: Fabas de Lourenzá con Bacallao, Fabas de Lourenzá con Pulpo, Fabas de Lourenzá con Setas, Fabas de Lourenzá con Callos e Ensalada de Fabas, a nosa última novidade.
O acto estará amenizado por pandeiretas e gaitas ao máis estilo tradicional galego.
A tenda estará aberta ao público de luns a venres de 09.30 a 13.30 horas e de 16.00 a 20.00 horas.