Nin no verán deixan de colleitar triunfos as balas do Maderas Barcia Lourenzá.
O sábado presentábanse os atletas na prestixiosa Popular de Cuntis onde tiña lugar tamén o galego de 5 kilómetros de adultos.
Marcos Graña vencía en prebenxamín; Iria Rodríguez rodaba con absoluta autoridade en benxamín e impoñíase cun tempo de 3,48. A súa irmá Ainara acadaba o enésimo triunfo da temporada cun tempo de 9,52 con máis de 30 segundos de vantaxe sobre a segunda infantil.
E o domingo Ana Vallines e Pablo Irimia viaxaban á I edición da Popular de Begonte. Vencía Ana na categoría infantil feminino marcando un rexistro de 11:18 (2,7kms.) e Pablo Irimia obtiña o subcampionato xuvenil cun tempo de 24:26 nos 5 quilómetros.