Site icon Crónica3.com A Mariña

Un camión incendiado provoca retencións na A-8 en Mondoñedo

Un camión de caixa cargado con madeira comezou a arder cando circulaba pola A-8, ao paso polo concello lucense de Mondoñedo. O incendio e a intensa fumareda provocaron que se interrompese o tráfico e se formasen importantes retencións.

Ata o quilómetro 536 da A-8 desprazáronse os Bombeiros de Barreiros, que conseguiron sufocar as lapas case dúas horas despois de activarse a alerta, pasadas as cinco da tarde. Finalmente, ardeu a cabeza tractora e parte do remolque.

Exit mobile version