Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo de 15 nen@s de Burela foron ás praias de O Portelo e de Ril en bicicleta.

280716 Foto bicicleta praiaBurela 28-7-16.Fixeron a viaxe de ida e volta acompañados por persoal do Club Ciclista Burela e polas monitoras de Gaia. A actividade denominouse A bicicleta á praia. Desde Gaia explican que “os participantes recibiron unha charla impartida pola Policía Local sobre as recomendacións que temos que ter en conta ao saír en bicicleta, como son o uso do casco ou do chaleco reflector”.
A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, subliña que “a través desta actividade foméntase o uso da bicicleta como medio de transporte para favorecer a mobilidade sustentable”.

Exit mobile version