Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo de nenos e nenas realizan con Gaia a ruta do sendeiro azul en Burela

Sin título-6Burela, 22 de xullo de 2016. Un grupo de nenos e nenas de 6 a 12 anos realizaron este venres, acompañados polas monitoras de Gaia, a ruta do sendeiro azul, que comeza na praia da Marosa.

Desde a Concellería de Medio Ambiente sinalan que “o traxecto do Sendeiro Azul ofrece aos visitantes os recunchos máis atractivos do noso litoral. A ruta comeza na praia da Marosa seguindo o paseo litoral ata a zona de o Cantiño e á praia que recibe o mesmo nome”.

As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia do Concello burelés realizaron a pé esta ruta con nenos de 6 a 12 anos identificando as sinais do Sendeiro Azul e observando a vexetación do litoral.

Noelia Mª Ben sinalou que “esta actividade é unha das dúas rutas que se van a realizar polo Sendeiro Azul; en próximas datas realizarase a denominada como A vista de Sendeiro. Con esta actividade preténdese dar a coñecer e valorar os compoñentes básicos do medio natural desenvolvendo actitudes de respecto, coidado e responsabilidade para a súa conservación”.

Exit mobile version