Site icon Crónica3.com A Mariña

Verán en Cervo dende o Sáhara

cerv-saharaCervo, 22 de xullo de 2016. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada Carrete, recibiron aos dous nenos saharauis que pasan este verán con familias do concello. Son Basir, que ven por sétimo ano, e Guara, para a que este é o seu quinto verán no municipio cervense. Os dous teñen 13 anos de idade.

O rexedor municipal explicou que “son dous nenos que xa durante estes últimos anos viñeron ao noso concello, acollidos por Raquel e por Dulce, que son as dúas persoas as que temos que agradecerlles que teñan esa disposición e ese espírito de axudar a estes nenos que viven nos campamentos do Sáhara. Persoas como Dulce e Raquel son nas que teríamos que mirarnos no seu espello por ter accións deste tipo, por acoller a estes nenos durante estes meses de verán para que non estean con ese calor nesta época do ano nos campamentos onde viven”.

Alfonso Villares engadiu que “desde o Concello de Cervo levamos apoiando esta iniciativa desde hai xa moitos anos e seguiremos facéndoo, neste caso poñendo o financiamento necesario para que poidan seguir vindo eses e máis nenos, posto que fago unha chamada para que aquelas persoas que queiran sumarse a esta iniciativa de traer a nenos saharauis para pasar o verán no noso concello que no lo digan, que se acheguen polo Concello e se dirixan ás persoas responsables de Servizos Sociais para contar coa axuda municipal”.

Exit mobile version