Site icon Crónica3.com A Mariña

Vitoria nos Pirineos para Xana Rodríguez

Nova vitoria da atleta do Maderas Barcia Lourenzá Xana Rodríguez nun novo trail.

Desta vez en plenos Pirineos, a proba discurría por pistas e sendeiros que unen a vila de Benasque coas localidades de Anciles e Cerler.

Dende a vila de Benasque, a carreira puxo rumbo ao pintoresco Anciles pola carretera asfaltada que une ambas localidades e dende aquí o PR-HU 33 que ascende ata Cerler.

Unha vez alcanzada a base das estación de esquí El Molino nun tempo de 44 minutos e 13 segundos, comenzaba un vertixinoso descenso polos PR-Hu 27 e 28 onde cruzaría Xana a meta en primeira posición cadete feminina (cuarta absoluta) de novo en Benasque cun tempo total de 1:08:27.

Exit mobile version