Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada sobre ‘Algas, a esencia dos nosos mares’ no Vicedo

Agotadas xa as prazas para o xantar, Nordés convida a participar este sábado 23 na praia de San Román (O Vicedo) nunha xornada divulgativa aberta sobre as algas. Ás 11.00, no “Restaurante Area Grande” a empresa “Conservas Mar de Ardora” realizará unha charla que será o entrante dun paseo polo areal. Xa á noitiña, dende as 20.00 horas, Nordés convida a degustar os pinchos dunha ruta gratuita que realizarán os seguintes locais: “Chiringuito Abrela”, “Café-bar Alba” no Folgueiro, “Restaurante Area Grande” e “Casa Fanego” en San Román.

Exit mobile version