Site icon Crónica3.com A Mariña

Yolanda Rodríguez vence no Torneo Internacional do Apóstol

yolanda-stgoA multideportista internacional mariñá Yolanda Rodríguez actual Campioa de España de Pistola deportiva volveu a demostrar a pasada fin de semana o seu magnífico estado de forma e concentración no Trofeo Internacional do Apostol, celebrado na Capital Galega e organizado polo Club de Tiro Santiago en colaboración coas institucións locais e provinciais.

A competición desenvolveuse nun bloque de dous días, o sábado e o domingo debido á gran cantidade de tiradores e tiradores inscritos na proba prodecedentes de diferentes puntos de España, Portugal, Francia, Italia e Irlanda. A tiradora mariñá do Club Lugo San Froilán realizaba unha competición de cuarenta disparos coas seguintes secuencias 87,87,90,91 o que lle permitía alcanzar o triunfo final cunha puntuación de 355 puntos tras unha hora de competición que a permitiu pasar á final do domingo.

Xa na final as quince mellores tiradoras tiveron de novo que verse as caras, e aínda que os nervios xogaron unha mala pasada á mariñá nas primeiras secuencias de tiro onde un fallo a levou a realizar un “seis”, lograba repoñerse e pechar a competición cun resultado final de 349 puntos, seis menos que na semifinal; pero suficientes para facerse co ouro. A prata era para a portuguesa Luisa Cirne con 347 puntos e o bronce para a irlandesa Saoirse Matheson con 344.

Exit mobile version