Site icon Crónica3.com A Mariña

19 bandas seleccionadas con cariño, no Osa do Mar. Posiblemente o festival máis raro de Galiza!

Osa do Mar 2015 (concerto de Bala na praia)Burela 9-8-16.Nos tempos que corren se non tes fotos de polo menos tres festivais de vrao nas túas redes sociais eres unha merda pinchada nun pao. Non importa moito o xénero e case podes ter a triloxía de rock-pop-folk sin recorrer moitos quilómetros e sen grandes cambios de atuendo.

Osa do Mar intenta rachar coas súas garras a burbulla festivaleira, arriscar no cartaz e ofrecer algo, polo menos, distinto e sen venderse (aínda e por desgracia, hehe) a grandes marcas e productoras. Recoñecer o xénero do Festival é unha cuestión complicada na que as eminencias musicólogas non concordan. O que está máis claro é que se tocan diferentes paos do rock, pop, rap e música electrónica.

Si es dos que van aos festivais só a lucir modeliño e tatuaxes esperámoste no Osa do Mar con diferentes actividades e propostas.

Se non es un tolo da música pero queres disfrutar de unha boa festa a fin de semana, beber unhas birras e intentar papar algo vente o 18,19 e 20 de agosto ao Osa do Mar.

Se che gusta a música en directo paga os 15€ (bono para os dous días cos gastos de xestión incluidos) e disfruta do Osa do Mar. As entradas para os días soltos están a 10€ (anticipadas). Mércaas en www.osadomar.com ou desde a páxina de facebook @Osa do Mar. Na billeteira estarán a 18€ o bono e a 12 para cada día. Tamén están á venta anticipadas nos locais burelaos: Mis en Plas, Vista Alegre e Traste.

Se aínda non tes suficientes fotos nas túas redes sociais cos colegas facendo que disfrutas a tope do vrao no Osa do Mar terás unha oportunidade caralluda xa que grazas aos nosos patrocinadores e colaboradores (destacando ao comercio de Burela) podemos realizar esta terceira edición.

Se non queres ver a Izal ou a Love of Lesbian e queres disfrutar de 19 bandas seleccionadas con cariño, vémonos no Osa do Mar. Posiblemente o festival máis raro de Galiza!

Para máis información consultar a web oficial www.osadomar.com ou a páxina de facebook “Osa do Mar” e os perfís nas redes sociais.

Exit mobile version