Site icon Crónica3.com A Mariña

8ª etapa do Camiño Norte

burela-8etapaUn grupo dunhas 50 persoas dispostas a completar a 8ª etapa do Camiño Norte saían dende Burela rumbo ao albergue de Miraz dende onde partiron despois de despexarse cun café. O percorrido comezaba andando 11 km por unha pequena subida e chan de pedra/terra onde se alternaban piñeiros e breixos con espazos abertos. A escaseza de dificultade, pouco desnivel e moito asfalto, fixo que remataran o percorrido no albergue de Roxica en pouco máis de 2 horas baixo un día de sol e algo de nubes e unha temperatura suave para a época -condicións ideais para “patear”-. Ao mediodía achegáronse a Parga a comer ao Campo da Feira ás beiras do río Parga onde tamén se celebraban as festas. Aproveitaron, pois, para baila na sesión vermú antes de tomar o camiño de volta a Burela.

Exit mobile version