Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula CEMIT do Concello burelés impartirá desde o 5 de setembro o curso aprende a usar o smartphone

FB_IMG_1472190394764Burela, 26 de agosto de 2016. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Burela impartirá un curso para introducir aos maiores no uso dos teléfonos móbiles intelixentes.

A Aula CeMIT impartirá o curso Aprende a usar o smartphone, dirixido a persoas sen coñecementos ou coñecementos moi básicos no uso dos teléfonos intelixentes. Os asistentes aprenderán o funcionamento básico dos smartphone, a facer fotos e vídeos, a conectarse a Internet, a instalar aplicacións, etc…
Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Vodafone, que cederá varios terminais telefónicos para empregar nos días que dure o curso. Ademais, os participantes recibirán uns manuais en papel nos que se amosarán as operacións básicas (acender, chamar, gardar números, etc…) así como exemplos de aplicacións básicas e de interese.

O curso iniciarase o 5 de setembro e finalizará o 14 do mesmo mes e impartirase en 2 horarios diferentes a elixir:

• De luns a venres de 10:30 a 12:15 horas.
• De luns a xoves de 17:30 a 19:30 horas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre esta actividade poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo S/N, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal ou enviando un correo á dirección: cemit.burela@xunta.gal

Exit mobile version