Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula móbil da campaña ‘Separemos ben, reciclaremos mellor’ chega á praia de Xilloi

A praia de Xilloi, no Vicedo, acollerá este sábado 20 de agosto unha actuación enmarcada na nova edición da campaña institucional “Separemos ben, reciclaremos mellor” que promoven a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama, contando coa colaboración e apoio dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX) de envases lixeiros, envases de vidrio, pilas e residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE): Ecoembes, Ecovidrio, Ecopilas, Ecolec, ERP, Ecotic, Ecoraee, Ecoasimilec, Ecofimática, Tragamóvil, Ambilamp e Ecolum.

Haberá unha aula móbil de medidas 7,5×3,5 m. onde monitores ambientais se encargarían de explicar á cidadanía as pautas para unha adecuada xestión de residuos, así como solventar todas aquelas dúbidas que puidesen xurdir aos presentes. Tamén se porá a disposición da cidadanía un inchable para os nenos de medidas 6x6m e un servizo de ecopatrulla que informará polo propio areal aos usuarios das actividades a realizar, así como realizará recollidas simbólicas de residuos.

Exit mobile version