“Como é coñecido, os vindeiros días 17 e 18 de agosto as persoas inscritas a En Marea estamos chamadas a votar nas primarias das que nacerá a candidatura para as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia, a nosa gran oportunidade de devolverlle ás institucións o seu carácter se servizo ás cidadás. Ante un momento tan determinante faise evidente que A Mariña debe contar cunha persoa que transmita de forma directa as nosas ideas e necesidades e faga sentir representadas por igual ás diversas posturas políticas integradas na candidatura.
Por esta razón, o pasado 8 de agosto tivo lugar unha asamblea aberta, convocada tras varias reunións entre un grupo de persoas apoderadas e colaboradoras de En Marea nas pasadas eleccións xerais (tanto pertencentes aos distintos partidos coma independentes) dispostas a aunar esforzos na loita que nos fai unha e máis forte. Dita asamblea aberta tiña como obxectivo acadar unha candidatura de consenso e así aunar forzas, avais e votos e rematou cun consenso de apoio a Marcos Besada Álvarez, (actualmente concelleiro en Viveiro por Son Viveiro, no que participa como independente).
Marcos aceptou a proposta, pasando a formar parte da lista Marea do Pobo, ocupando o segundo lugar da mesma, e comprometéndose a “traballar polo ben común, a xustiza social e a defensa ecolóxica da Mariña”.
Alén diso, queremos aproveitar para recordar que o local de Son Viveiro (Av Ferrol, Nº11, Baixo) estará aberto en horario de 12:00h a 14:30h e de 19:00h a 22:00h os días 17 e 18 para que calquera persoa que queira participar no proceso de xeito presencial o poda facer.
“Sen máis, animamos a todas as persoas inscritas a votar e a implicarvos neste proceso, que a marea non deixe de subir e que A Mariña esté na forza das súas ondas!”