Site icon Crónica3.com A Mariña

A embarcación Máis Vento venceu na primeira regata da XXVI Semana Náutica ría de Ribadeo, disputada este venres

060816 REGATA DE VELA TRADICIONAL CELEBRADA AYER EN LA SEMANA NÁUTICA RÍA DE RIBADEORibadeo, 6 de agosto de 2016. A embarcación Máis Vento venceu na primeira regata disputada dentro do programa dea XXVI Semana Náutica Ría de Ribadeo, que se celebrou este venres pola tarde. A primeira incluida no programa organizado polo Real Club Náutico de Ribadeo, que estaba prevista para o xoves 4, tivo que ser suspendida por falta de vento.

O venres celebrouse a regata de vela tradicional I Trofeo Banco Sabadell Gallego, que contou con 5 embarcacións participantes, o que o presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña, calificou como “poca concurrencia pese a estar una tarde preciosa con un viento adecuado a la navegación”. Despois do gañador, Máis Vento, clasificáronse por este orde as embarcacións Ventolín, Ras, Reinante e Aquiles.

A regata de cruceiro local V Trofeo ACISA Ribadeo, que foi suspendida o xoves por falta de vento e que contaba con 14 barcos e uns 35 regatistas inscritos, aplazouse para o sábado, ás cinco da tarde. Por este motivo o III Trofeo Seat-Talleres Armando Escuelas de Verano, de vela lixeira, trasladouse á mañá deste sábado. Para esta xornada tamén estaba previsto o campionato infantil de pesca VI Trofeo Real Club Náutico de Ribadeo, que se suspendeu por falta de participantes.

Para o domingo, día 7, ás 17 horas está programada a prueba de vela lixeira XVIII Trofeo Escola Municipal de Vela.

Exit mobile version