Os participantes elaboraron dous muráis, un representando un mar sucio cheo de lixo, boias, redes e cordas e outro representando un mar limpo cheo de especies mariñas.
Noelia Mª Ben, concelleira de Medio Ambiente, subliñou que “con esta actividade preténdese transmitir a importancia de protexer o litoral e de promover unha actitude sostible co medio ambiente. É necesario que os nenos adquiran hábitos positivos no que ao coidado da natureza se refire, non ensuciando nin contaminando os nosos areais, mares e embalses.