Site icon Crónica3.com A Mariña

“A marcha contra o cancro Covas-Viveiro” celébrase este xoves 4

Viveiro.1 de Agosto de 2016.- A xunta Local da AECC de Viveiro informa de que o
vindeiro xoves 4 de Agosto organiza un ano máis ” A MARCHA CONTRA O CANCRO
COVAS – CELEIRO” que partirá ás 10:00 horas dende a mesa de cuestación, sita en
“A Fonte” en Covas.

Como é costume nos últimos anos fixéronse camisetas conmemorativas que xa están a disposición daquelas persoas interesadas nos establecimientos colaboradores:

– Covas: Librería Echezárraga e perruquería Nueva Belleza.
– Cantarrana: Lencería Encantos, Mercería Silvia e Perruquería Niova.
– Viveiro: Óptica Rosario, Farmacia Dolores Casariego, libraría Porta Da Vila e deportes Don Balón.
– Magazos: Gasoliñeira.
– Celeiro: Gasoliñeira.

Ese día haberá colocadas en distintos puntos de Viveiro sete mesas de cuestación: Covas ,Cantarrana, Viveiro centro:,Praza de Lugo (fronte antigo Hotel Orfeo), Fontenova, Praza Maior e Pescadería e Celeiro.

O luns día 1 de Agosto ás 21:00 horas inaugurarase unha exposición de
pintura de carácter benéfico e a favor da AECC na sala multiusos da Casa do Concello de Viveiro que permanecerá aberta ata o día 6.

A finalidade de todos estes actos van encamiñados a concienciar aos vecinos de Viveiro e de A Mariña da necesidade de contar coa implicación de todos na loita contra o cancro.
Dende a AECC de Viveiro queren agradecer a implicación de todas as persoas e
establecimientos que un ano máis fan posible que todos estes actos pódanse levar a
cabo.

Exit mobile version