“A Maruxaina e outras Seras” será presentado este venres 19 de agosto na Feira do Libro de Foz nun acto que terá lugar ás 20.00 horas e contará coa presenza de Pablo Mosquera “Bígaro”, Paco Rivas e Otero Regal. Trátase dunha “visión máxica e crítica do mundo das sereas. A Maruxaina é a conciencia social ante os acontecementos que nos preocupan e debería ocupar aos que exercen autoridade ou xestión pública”.