Site icon Crónica3.com A Mariña

A Peña Deportivista Burela prepara a súa bonitada deste 2016

A Asemblea Ordinaria Anual da Peña Deportivista Burela será o venres 26 de agosto de 2016 ás 19.15 horas na primeira convocatoria e ás 19.45 horas en segunda convocatoria no salón de actos de ABSA.

Posteriormente, cara ás 20.45 horas no Restaurante da Lonxa celebrarase unha cea para soci@s e simpatizantes ao tempo que gozamos do partido do Dépor perante o Betis no Benito Villamarín.

A cea consistirá en entrantes a base de empanada caseira, mexillóns, chipiróns fritos e logo como prato principal bonito ó estilo Lonxa. O menú que inclúe sobremesa, café e chupito con ribeiro xove, mencía, cervexa, auga e refrescos custa 25 euros, pero @s soci@s que teñan o recibo pasado ou a cota pagada da tempada 2016-17 só deberán aboar 15 euros.

A data límite para confirmar a asistencia á Bonitada será mércores 24 ás 23.59 horas a través de Patxe (669 38 16 43) ou Javi (630 12 63 04) ou na dirección de correo deportivistaburela@hotmail.com.

A directiva da Peña conta coa asistencia de representantes doutras peñas, da Federación de Peñas así como da Directiva do Dépor.

Exit mobile version