Desde a organización da campaña, poñemos a disposición do concello de Xove unha aula móbil de medidas 7,5×3,5 m. onde monitores ambientais se encargarían de explicar á cidadanía as pautas para unha adecuada xestión de residuos, así como solventar todas aquelas dúbidas que puidesen xurdir aos presentes. Tamén se porá a disposición da cidadanía un inchable para os nenos de medidas 6x6m e un servizo de ecopatrulla que informará polo propio areal aos usuarios das actividades a realizar, así como realizará recollidas simbólicas de residuos.
Para aquelas persoas que queiran participar nesta campaña e nas actividades da mesma, decir que se vai desenvolver mañá, mércores 17 de agosto na Praia de Esteiro, en horario de 12:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16.00 a 19.00 horas pola tarde.