Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta Directiva da Asociación de Veciños vén de presentar o cartel das festas patronais da Santa Eufemia no burgo de Trasbar (Cervo)

20160731_115544Trasbar, 01 de agosto de 2016.- Un ano máis o burgo de Trasbar, en Cervo, celebrará a tradicional Romaría da Santa Eufemia, unha cita coa súas festas patronais que inclúe un variado programa de actividades que se desenvolverán durante tres días: o venres 16, o sábado 17 e o domingo 18 de setembro.

Tres días de festa

Os actos comezarán o mércores 16 de setembro, coincidindo coa festividade oficial, celebrarase a romaría da Santa Eufemia. O programa inclúe unha misa ás 13.00h. Ao remate da misa, todos os devotos que queiran poden achegarse a poñer a Santa. De seguido, terá lugar a actuación do grupo Saíñas, de Xove, cortesía do programa Musiqueando da Deputación provincial. Ás 17.00 h, peregrinación á capela da Santa Eufemia e, pola noite, verbena con OcaBand.

Na fin de semana os actos comezarán o sábado, ás sete da mañá, coa elaboración da alfombra floral. A misa será ás 13.30h, cantada polo coro de Cervo, seguida da procesión e sesión vermú. Xa pola noite, as orquestras Ceniza e Samba serán as encargadas da verbena. Logo de rematar o baile, haberá caldo de balde.

O domingo a misa será ás 13.30h, cantada polo coro de Cervo, seguida da procesión e a sesión vermú a cargo do dúo Merengue, dando por rematado así o programa festivo deste ano.

Recuperación da tradición

A asociación de veciños inclúe  no programa un xantar campestre nas inmediacións da capela e, ás 17.00 h, unha peregrinación á antiga capela da Santa Eufemia xa que “queremos recuperar a romaría da Santa Eufemia de antano, cando a xente viña andando ata a capela e xa quedaban a xantar en Trasbar”

A organización agarda que este impulso á recuperación da tradición teña unha boa acollida e poder contar con máis romeiros en cada edición.

Agradecementos

Dende o colectivo veciñal agradecen moi especialmente o gran esforzo económico que fan os veciños de Trasbar, así como a axuda de empresas e establecementos que colaboran (de xeito económico ou mercando rifas) e, tamén dun xeito especial, do Concello de Cervo

AAVV Burgo de Trasbar

Exit mobile version