Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo de inscrición para o VII Encontro de Palilleiras de Xove

O sábado 1 de outubro vaise celebrar no noso Concello a VII edición do ENCONTRO DE PALILLEIRAS.

A concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, abriu o 22 de agosto a inscrición de palilleiras, as cales aínda poderán anotarse ata o mesmo venres 16 de setembro.

A inscrición pódese realizar por teléfono, chamando ao Concello ao 982592001, ou ben contactando con Mercedes Barro (profesora de bolillos) no 679894219 ou con Carmen García (profesora de bordado) no 982592686.

COAS NOSAS MANS IX
Por outra banda, continúa aberta a Exposición COAS NOSAS MANS IX, organizada pola Concellería de Servizos Sociais. Este xoves, 25 de agosto, será o último día que se poderá visitar esta exposición na Sala de Exposicións da Oficina Municipal de Turismo de Xove.

Exit mobile version