O pivot, pasou pola canteira dos clubes CD Foz e CD Burela FS, neste último alternando os xuvenis coa terceira división.
Pasou en senior polo CF Celta Barreiros e Iberia CF, e leva dous anos a competir no fútbol sala co Praias de Barreiros.
Adrián ven para completar a posición de pivot dentro do plantel, aportará a súa gran capacidade goleadora e o seu xogo entre liñas.
Así o club barreirense segue a completar o plantel da tempada e está a piques de pechar as renovacións de Sergio e Borja, sen descartar algunha incorporación máis