Site icon Crónica3.com A Mariña

Adxudicación provisional do proxecto de obra de mellora e reposición de saneamento, redes de sumidoiros e abastecemento de auga na rúa Rego das Flores de Viveiro

Viveiro 2-8-16. O Concello de Viveiro ten adxudicada provisionalmente a obra de mellora e reposición de saneamento, redes de sumidoiros e abastecemento de auga na rúa Rego das Flores de Viveiro á empresa Carferlo, S.L., cun presuposto de adxudicación de 94.734,26€.

Coa execución das obras incluídas en dito proxecto, nun dos principais viais de acceso e saída do Casco Histórico levarase a cabo a reposición do pavimento e beirarrúas existentes, a adaptación da rede de saneamento e abastecemento de auga ás novas esixencias coa mellora das bocas de rego, así como o reforzo da rede de abastecemento de auga potable aumentando a sección de canalización; realizaranse obras de canalización do cableado aéreo do alumeado e dotarase o vial das luminarias necesarias co obxectivo de homoxeneizar a instalación.

Exit mobile version