Pero eu no verán viaxo. Viaxo moito … E nesta semán, recién chegada a unha gran cidade, con cansancio adicional e con outra viaxe imprevista a maiores, tiven que ir a dúas oficinas bancarias, de bancos diferentes, nas que presenciei esceas inusuais: nunha delas, observéi un trato prepotente e faltón hacia as persoas maiores mentres esperaba o meu turno, podría decirse que vexatorio. e na outra, unha deixadez e desfachatez que ralla na estulticia supina, en ambas por parte das persoas que nelas traballan polo que me quedei estupefacta.
O mínimo que ten que ter unha persoa que traballa cara ó público é educación e respeto polos clientes. Nos pagámoslle o soldo ós bancarios (gracias a que a entidade medra cos nosos cartos e cobran unhas comisións altísimas eles reciben a súa mensualidade), ainda que poidan creer que porque traballan nun banco son banqueiros. Craso error!!! . O banqueiro é o dono do banco (persoa rica, que non necesita traballar, con suculentos emolumentos económicos e para o que os que traballan para él son só números) e o bancario non deixa de ser o último eslabón da cadea: e dicir, ninguén.
Aínda que no siglo XXI haxa quen pense que é o máis “vip” ser bancario, casi un funcionario, non é verdade. Quedan moitos que non teñen estudios e que foron enchufados cando dar traballos “a dedo” era corrente. Os que teñen estudios carecen de “don de xentes”. Tamén os hai sen escrúpulos e sen empatía coas persoas que teñen enfrente. Pero hoi, que todos accedemos á banca electrónica dende dónde queremos e cando nos apetece, non se dan conta de que os seus oficios (bancarios, meros oficinistas) penden dun fío. E patético que nunha desas oficinas que nomeaba en párrafos anteriores unha señorita moi ben plantada detráis do mostrador pero moi inepta, non lle importe facer perder nunha operación casi mil euros a un cliente e ó darse conta trate de vendarlle os ollos ofrecéndolle un seguro ¡nada menos que de decesos! como si lle estivese regalando algo. O final tivo que mediar o director porque ela por riba tiña máis que falar co pobre señor. Non sei como arreglarían no despacho direccional porque directores conciliadores hai poucos, outros están cansos de pedir disculpas polo mal facer dos seus subordinados e outros son presenciais, nin relacións públicas (¿qué é eso?), nin lles importa empatizar cos usuarios, permanecen escondidos nos seus cubículos facendo que fan e sen facer nada en realidade.
A cruel realidade imponse sempre e a quenes xa temos unha idade nos fai recordar a aqueles traballadores de banca que en pantalón e camisa visitaban a “porta fría” as casas dos seus potenciais clientes, dando a cara sempre e ofrecendo a súa reputación como aval para conseguir incrementar o número de aperturas de contas de aforro. Pregúntome cómo facían os bancarios fai cuarenta anos, cando tiñan que buscar os clientes, convencelos para traballar no banco que representaban (tarefa ardua e difícil), cobraban, pagaban e puntuaban cada operación á mao, é dicir, con lápiz e papel e con unha eficacia digna de admirar. Fidalizaban ás persoas que se prestaban a traballar con eles: eses bancarios convertíanse no banco, tiñas un apuro e axudábanche a solventalo, chamábalos un domingo e acudían. Daban a cara! Estaban sempre ó pe do cañón para non perder ós clientes que depositaban a confianza neles. …E eran serios, moi serios.
Hoxe, moitos dos que traballan nos bancos, deixan en pésima situación o excelente traballo realizado polos seus antecesores escondendo a cabeza detráis da pantalla do ordenador, como se fosen avestruces. Non miran á xente á cara, nin se apiadan de quen fai larguísimas colas ainda que non esteñan traballando, es máis, non lles interesa para nada personalizar o trato con quen ten os cartos no banco no que traballan. Non teñen respeto por eles, véxase o caso das famosas “preferentes”, vendidas por seres traxeados a persoas maiores, na maioría dos casos deixándoos sen os seus aforros de toda a vida, ou o dos “depósitos basura” (¿gustaríalles que se enganase así ós seus pais o avós?). E, o peor, é que non hai síntomas de arrepentimiento algún. Por fortuna, non todos son así, pero paga sempre xusto por pecador. Ainda que os que non son así, teñen que estar ás ordes dos que sí o son. E unha pena!!!!
Reitero que cada vez somos menos as persoas que utilizamos o banco físicamente, xa que a banca online por fortuna está ó alcance de todos e, por sorte, imponse con forza. Unha vez pechen todas as oficinas, que tal e como evoluciona a sociedade será pronto, veremos qué acontece coa cantidade de persoas que traballan nalgúns bancos e que non saben dónde teñen a mao dereita, ainda que a eles lles pareza que sí. A algúns non lles importa porque pensan cobrar indemnizacións millonarias, pero eu non me fiaría tal e como están os tempos de convulsos. O banqueiro non ten nada que perder e si pode despedir sin indemnizar faráo sempre que o ampare a lei. Bancarios, non hai peor cego que o que non quere ver!!!!!
Rhodéa Blasón