A Praza de Conde Fontao acolle do 18 ao 21 de agosto a Feira do Libro de Foz en horario de 17.30 a 22.00 horas.
A feira sae do seu recinto habitual para sorprender nas mañás aos paseantes nas rúas de Foz co proxecto de animación teatral de rúa, a cargo Roberto Casas e Bea Bravo, Só pode ser…. A feira do libro! no que personaxes literarios e figuras de escritores “asaltarán” aos veciños, coa intención de crear ambiente literario nas rúas e de dar a coñecer as actividades que se levarán a cabo na Feira. Esta actividade é posible grazas á colaboración da ACIA de Foz.
Tamén é novidoso que o tradicional concerto de clausura da Banda, este ano se integra nun acto poético-musical no que participarán con eles a poeta Montse Otero, Julia Labrador, Agua Menacho e o guitarrista e director da Escola de Música de Foz, Felipe Sánchez.