Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata 32 participantes no torneo de padel en San Cibrao

padel-sancibCervo, 19 de agosto de 2016. As pistas de pádel recentemente construídas na Veiga, en San Cibrao, acolleron un torneo deste deporte, no que houbo 32 participantes.

O concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, explicou que “un ano máis, o Concello de Cervo aposta polo deporte e actividades de verán para os nosos xóvenes, tocándolle nesta ocasión ó pádel. O Concello de Cervo ven de organizar dúas noites de padel, que se celebraron nas pistas construídas no complexo deportiva da Veiga, en San Cibrao. Aínda que as dúas pistas, unha cuberta e outra descuberta, xa se puxeron en funcionamento a principios do presente mes, pero podemos dicir que a nivel de torneo foi a súa inauguración oficial; e para elo que mellor que a través de dous días de pádel aproveitando as xornadas das Noites Alternativas que se veñen celebrando en distintos lugares do concello dende principios do mes de xullo”.

José Ramón Soto destacou “a boa acollida que tivo este torneo de pádel, xa que houbo 16 equipos e 32 persoas, o cal entendemos que e unha magnifica participación. O torneo disputouse durante as xornadas nocturnas dos días 17 e 18 de agosto, entre as dez e a unha e media da noite, sendo a actividade totalmente gratuíta para os participantes”.
O edil de Deportes tamén deu a coñecer os resultados:

• SUB-12
o Subcampión: Espartanos.
o Campión: Hombres Cualquiera.

• SUB-15
o Subcampión: Baile de Favelas.
o Campión: Castroverdianos.

• SENIOR
o Subcampión: Claudia.
o Campión: Padeleros.

“Dende o Concello de Cervo queremos felicitar e agradecer a todos os participantes que fixeron posible este primeiro torneo de pádel dentro das diversas actividades que se fixeron nas Noites Alternativas e esperamos sexa a lanzadeira de próximos torneos”, rematou Soto.

Exit mobile version