Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata 34 locais participaron no III Mercado de Rúa en Ribadeo

Ribadeo, 22 de agosto de 2016. Acisa fai unha valoración positiva do terceiro Mercado de Rúa, que se celebrou os días 19 e 20 de agosto en Ribadeo. Unha cita na que participaron 34 locais comerciais.

Desde a directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos sinalan que “a campaña chamou a atención dos viandantes, e polo que nos dixeron os nosos asociados foi ben aos que decidiron participar nesta nova edición do Mercado de Rúa, que serviu para que os clientes puidesen facerse cos últimos descontos en roupa de verán, con stocks doutras tempadas, etc. coas antucas e as jaimas quixemos ofrecer a mellor imaxe das rúas e dos nosos locais”.

Para Acisa “este está a ser un verán interesante para o comercio e para a hostalería de Ribadeo. Algúns dos participantes no Mercado de Rúa comentáronnos estes días que está a ser un agosto con moito ambiente na localidade, e que este pasado fin de semana aínda se notaba nas rúas ribadenses”.

Exit mobile version