Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata 9 podios sumaron os atletas de Lourenzá na fin de semana

foz-lou2O Club Atletismo Lourenzá participaba esta fin de semana en varias probas da provincia:

Se o venres era a data da Carreira homenaxe a “Adrián Ben” en Viveiro; o sábado achegábanse a Os Vilares (Guitiriz) Óscar Buján, Marcos Rodríguez e Jose Gavín onde o primeiro lograba a primeira praza da xeral e a primeira sénior e o segundo, a terceira da xeral e a primeira da categoría veterano A.

Foz e Vegadeo
O domingo pola mañá Óscar Buján, Marcos Rodríguez, Alex Villalba, Rubén Piñeiroa, Moisés Iglesias, Marisa Ares, Loli Piñeiro e Jose Gavin achegábase a Foz para participar na RUN FOZ RUN, unha proba de mencionable nivel na que se deron cita coñecidos nomes do atletismo galego.

Con todo, o club laurentino lograba un terceiro posto en veteranos A para Marcos Rodriguez que cun tempo de 25 minutos e 50 segundos lograba entrar en meta no posto 14 da xeral absoluta que contaba con 365 atletas para percorrer unha distancia de 7,200 km (segundo a organización).

Espléndida actuación tamén de Álex Villalba que entraba no posto 18 da xeral (sexto veterano A) que lle permitía subir ao escalon máis alto do podio ao ser o primeiro atleta local que lograba entrar en meta.

Óscar Buján, pola súa banda, “loitaba” na cabeza de carreira ata entrar no quinto lugar da xeral absoluta.

O club ademais presentaba dous equipos nesta carreira. Un mixto formado por PABLO IRIMIA, MOISÉS IGLESIAS, MARISA ARES e JOSE GAVIN, que obtiveron a medalla de prata por equipos. E un masculino formado por ÓSCAR BUJáN, MARCOS RODRIGUEZ, ÁLEX VILLALBA e RUBÉN PIÑEIROA que obtivo tamén a medalla de prata nesta modalidade.

Xa pola tarde, desprazábase a Vegadeo (Asturias) para participar na súa tradicional “Volta a Pianton” e de onde regresaban con outras tres preseas: dúas de prata grazas a Loli Piñeiro que entraba en meta como segunda veterana A e Óscar Buján que entraba segundo da xeral absoluta e segundo sénior e unha de bronce para Marcos Rodríguez que lograba un terceiro posto como veterano.

En dous días o club laurentino subiuse 9 veces ao podio facendo unha mención moi especial para Óscar Buján e Marcos Rodríguez que foron os protagonistas principais de 6 destes 9 triunfos.

Exit mobile version