Site icon Crónica3.com A Mariña

Atletas de Barreiros e Lourenzá dan a coñecer a Ruta das Fachas

ruta-fachasUn grupo de atletas pertencentes ó Clube Praias de Barreiros, Escolas Lourenzá, Clube Atletismo Lourenzá e algún veciño quixeron saborear este martes polo serán o enclave que discorre entre os Concellos de Barreiros e Lourenzá e chega ó de Trabada realizaron a Ruta das Fachas, cun espectacular percorrido de 8 quilómetros en sentido circular.

A saída tivo lugar dende o Centro Social de San Xusto, atravesando o Val do Caínzo para chegar polo quilómetro 3 pola Zona das Fachas (onde está catalogado por Patrimonio tres zonas con restos arqueolóxicos megalíticos) e a partir de ahí ascenso ata Pena Corveira onde se encontra un excelente mirador e a Fonte Fermosiña tras un ascenso a 393 metros. Descenso de regreso pola Fraga da Regueira, Montes de San Paio en dirección á igrexa de San Xusto e chegada de novo ao punto de partida.

O éxito foi tal que os atletas xa quedaron citados para facer o vindeiro ano a II Quedada de adestramento da Ruta das Fachas 2017.

Exit mobile version