Bea Mateos xa estaba ansiosa por que o esférico volvese rodar. “Tiña ganas de empezar, de coñecer o bloque, o equipo, de tocar o balón” explicaba a salmantina, que non dubidou nin un só momento en seguir co proxecto de Pescados Rubén: “A miña primeira opción era Burela; tiven chamadas doutros equipos pero non pensei en ningún momento en irme”.
Por diante queda una pretempada intensa para regresar á competición cun Burela FS que volverá vivir sobre a pista da mellor forma que sabe, con dedicación e esforzo absolutos. “Cambian moitas cousas, pero asumo o reto con moita ilusión e para diante. Vou dar o mellor de min, intentar facelo todo por este club e para que o equipo quede o máis arriba posible” puntualizaba a xogadora.
“Bea é unha xogadora moi importante para o equipo e para nós é un pracer que continúe defendendo o proxecto laranxa nesta nova etapa como un dos estandarte do vestiario” aseguraba o presidente, Manuel Blanco.