Site icon Crónica3.com A Mariña

Borja Rocha, a última renovación do Praias de Barreiros.

FB_IMG_1470561159113Barreiros 9-8-16. O ala-pivot barreirense ven de pechar a súa renovación co club.
Borja que foi un dos xogadores máis importantes da tempada pasada continuará vestindo a elástica do seu pobo.

Borja e gol, son dúas das palabras máis relacionadas no Municipal de Barreiros, o ariete barreirense é un dos xogadores máis realizadores da categoría, sumando 75 goles en dúas tempadas.

No primeiro ano no club contrivuiu con 32 goles ao ascenso de categoría, e na última tempada fixo o seu mellor ano cun total de 43 tantos.
Asimesmo é un dos xogadores que máis compromiso mantén ca entidade barreirense, nas súas propias palabras – Sintome enormemente orgulloso de poder xogar neste club, polos meus compañeiros, pola afección e por esta gran directiva..

A directiva síntense satisfeita desta renovación, asimesmo o club pecha o capítulo de renovacións. O Praias de Barreiros ten ultimada mais da terceira parte da plantilla, a directiva mais o corpo técnico traballan na incorporación de novas fixaches para así dar por pechado o plantel que competirá na autonómica norte galega.

Exit mobile version