O colectivo “Por nuestro faro” organizaba unha concentración pola Illa Pancha este domingo 14 de agosto fronte ao Concello de Ribadeo ás 12.00 horas coa participación de máis de 100 persoas cuxo apoio e actitude durante o acto animan a seguir adiante nesta loita. O acto durou aproximadamente tres cuartos de hora nos que se lía un pequeno discurso pronunciado por Covadonga Suárez. Ao final puidéronse oír lemas do público coma: “Illa Pancha somos todos” e “O faro é noso, non se vende”.