Site icon Crónica3.com A Mariña

Cortes de tráfico en Viveiro

Con motivo da saída o mércores 24 de agosto da Volta Ciclista a España dende a cidade de Viveiro, a partires das 17:00 horas deste martes 23 pecharanse ao tráfico as estradas dende a Cruz Vermella en dirección ao paseo marítimo de Covas e a Avenida Martín Ledesma, Avda. Alcalde Meirás e Avda. Luis Cebreiro. O peche será ata a intersección á rúa entre o parque Pernas Peón e o estadio municipal de Cantarrana. Dende ese punto o tráfico rodado terá que ir en dirección a Covas polo paseo marítimo.

Exit mobile version