Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG asegura que o PSdeG-PSOE “pretende o aumento da administración paralela”

O candidato socialista facía pública este sábado dende Sarria a proposta de crear un “Consorcio do Camiño de Santiago”. É preocupante que o Sr. Leicega non coñeza a realidade da Administración de Galicia e pretenda ser Presidente.

De forma humilde, dende CXG Lugo queremos aclarar que “isto xa existe” e “chámase Xacobeo Galicia (RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se ordena a publicación da modificación dos estatutos da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, autorizada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de decembro de 2013.) É bon na boa política non enganar á cidadanía”.

“O que pretende o PSOE realmente, é o aumento da administración paralela, co único obxectivo de colocar amigos e pagar favores. Da xestión paralela do PSOE na nosa provincia temos, exemplos, como os “Pactos territoriais de emprego” que de nada serviron, e sobre a xestión de amigos podemos mirar a da Confederación hidrográfica Miño-Sil, co Sr. Liñares á fronte”.

“Estas propostas veñen a demostrar un proxecto esgotado, sen ideas para Galicia e sen capacidade de respostas novas para os problemas do País. Dende CXG lonxe de promover administracións paralelas, comprometémonos a adelgazar a Administración, evitando este tipo de duplicidades”.

“Os progresistas e socialistas teñen en CXG unha alternativa real que recolla as súas inquedanzas sen entrar en tópicos políticos esgotados da mala política”, conclúe o candidato número 1 de CxG na provincia.

Exit mobile version