Site icon Crónica3.com A Mariña

Economía, Emprego e Industria subliña en Burela o labor das asociacións de comerciantes na dinamización do sector

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, mantivo esta mércores unha reunión de traballo con membros da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Burela (ACIA), que promove na localidade un centro comercial aberto (CCA), fórmula que permite, desde o asociacionismo, o desenvolvemento de estratexias comerciais e a prestación de servizos de forma conxunta no pequeno comercio para mellorar a súa competitividade.

Neste sentido, na reunión avaliáronse distintas iniciativas para impulsar o comercio da localidade, centradas en eidos como a fidelización de clientes ou a incentivación da demanda, no marco do programa para a dinamización dos CCAs da Consellería de Economía, Emprego e Industria ao que vén de sumarse a asociación burelense.

Por outra banda, Vázquez Abeal convidou aos comerciantes da localidade mariñá a presentar as súas candidaturas aos premios Smart Commerce de Galicia, cos que se busca poñer en valor o labor dos negocios que impulsan a innovación e aos que se poden presentar ata o vindeiro 22 de agosto.

Neste eido, a directora xeral de Comercio incidiu na necesidade de impulsar no comercio de proximidade novas estratexias comerciais e a aplicación das novas tecnoloxías, ofrecendo así unha atención máis personalizada aos clientes.

Exit mobile version