Site icon Crónica3.com A Mariña

Entrega do premio do concurso de confección dun cartel para as festas San Bartolo 2016

ENTREGA PERMIO CONCURSO CARTEL FESTAS SAN BARTOLO (4)O Concello de Xove, ao obxecto de incentivar a participación cidadá no deseño de logos institucionais, decideu convocar un Concurso para confección do cartel das Festas do San Bartolo 2016. O prazo para presentar os deseños rematou o pasado 1 de xullo. Reunido o xurado, decideu conceder o premio de 150 €uros ao deseño presentado pola nena de cinco anos Sara Cancela Trastoy.
Este martes o alcalde Demetrio Salgueiro fíxolle entrega do premio á nena, que estivo acompañada pola súa nai e súa irmá, así como pola concelleira de cultura Dolores Meitín e un representante do xurado.

Exit mobile version