Site icon Crónica3.com A Mariña

Gianni Meersman, gañador da etapa Viveiro-Lugo da Volta Ciclista a España

vueltaGianni Meersman proclamábase vencedor da quinta etapa da Vuelta Ciclista a España este mércores 24 de agosto cun tempo de 4º 16’ 42’’.

Os corredores arrancaban os máis de 170 quilómetros da etapa ás 13:10 horas dende Viveiro e continuaban polos concellos de Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Riotorto, Meira, Pol, Castro de Rei e Lugo. Os ciclistas do pelotón atravesaron paraxes naturais lucenses como o lago de Cospeito, Castro de Viladonga, o Convento de Santa María ou a Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón.

O Presidente subliñou que a Volta será unha oportunidade para a provincia, tanto a nivel económico, pois xera riqueza; así como turístico, dando a coñecer o grande patrimonio paisaxístico, arqueolóxico, cultural, artístico ou gastronómico. Cómpre salientar que esta cita deportiva move a máis de 20.000 espectadores de media por etapa e congrega a máis de 1.400 xornalistas de lugares como Alemaña, Arxentina, Australia, Bélxica, Brasil, Camerún, Canadá, Colombia ou Costa Rica, entre moitos outros.

Se en Viveiro o medallista olímpico Cristian Toro cortaba a cinta de saída nun acto que contaba coa alcaldesa do municipio, o director xeral para o deporte e o presidente da Deputación, entre outras autoridades; en Lugo era a alcaldesa da cidade amurallada, Lara Méndez, e tamén o presidente provincial, Darío Campos, os que entregaban o premio.

Exit mobile version