Site icon Crónica3.com A Mariña

Gratitude dende a AECC Foz

A agrupación local da AECC en Foz agradece a solidariedade dos veciños, veciñas e visitantes coa cuestación da AECC sen esquecer aos máis de 60 colaboradores, comercios e colectivos. A delegada local, Antonia García Frá, agarda que a recadación supere os 5.000 euros no reconto definitivo e que sirva para colaborar coa AECC e os e as que máis o necesitan como xa se fixera coa venda de Lotería Nacional do sorteo especial do 9 de abril ou coa campaña do Céntimo Solidario do CCA Foz entre outros actos.

Exit mobile version