Site icon Crónica3.com A Mariña

Ilusionismo en Barreiros por San Bartolo

A praza de San Bartolo acollerá este mércores 24 de agosto un espectáculo de ilusionismo denominado Palabras máxicas, a cargo do mago Dani García. Será a partir das 20.00 horas. Trátase dunha actividade de dinamización lingüística, que se enmarca na programación Galicia Culturea, da Xunta e conta coa colaboración do Concello de Barreiros. En caso de chuvia o espectáculo trasladarase ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, segundo informan desde o Concello barreirense.

Exit mobile version